Lego The Lord of the Rings. Comunidade

Na miña primeira experiencia cun videoxogo de Lego, un de superheroes na Playstation 2 xa hai moito tempo, decidín tras quince minutos que non era para min. Supuxen que eu era a excepción porque hai unha morea de franquías que foron adaptadas a este estilo de xogo, pero aproveitando que regalaron este baseado na obra de Tolkien para darlle un segundo tento. [continuar lendo]

The Legend of Zelda: Link’s Awakening. Estouciñar

O primeiro que tiña que facer para continuar a aventura era resucitar á vella galiña voadora da aldea de Mabe. Non conseguín interactuar coa estatua conmemorativa de ningunha maneira, polo que fixen o que tanto me autocriticara no anterior capítulo e procurei a solución en internet. [continuar lendo]

The Legend of Zelda: Link’s Awakening. Explorar

Diría que os alxubes deste xogo están ben deseñados. Para acceder a cada un, na súa orde, temos que atopar a chave para que emerxa até a superficie. Unha vez dentro, temos todo o que precisamos para resolvela até o final e obter un novo instrumento musical para espertar ao “pez de vento”. [continuar lendo]

The Legend of Zelda: Link’s Awakening. Espertar

Xoguei a unha boa recua de Zeldas, máis en dúas dimensións ca en tres. Non obstante, o único da saga que xoguei até o final foi o Ocarina of Time. Agardemos que este Link’s Awakening da Game Boy troque iso; xa vos adianto que non vou nada mal encamiñado. [continuar lendo]