En xuño de 2012 reunímonos catro camaradas nunha casa coa fin de facer dous videoxogos en 48 horas. A temática foi decidida por un árbitro externo no primeiro minuto do evento e cada equipo fixo o que puido para completar un xogo que integrase “ninja” e “gravidade”. [continuar lendo]
Braveland
Este Braveland é un xogo de estratexia/táctica sen pretensións: arte funcional, mecánicas sinxelas e historia narrativa fantasiosa e baleira. Inda que eu xoguei nunha televisión grande, a versión está pensada para tamén ser xogada en pantallas pequenas, polo que tanto ás interfaces coma o resto de sistemas visuais están adaptados para as súas características. [continuar lendo]
They Bleed Pixels
Inda non entendín ben o título de They Bleed Pixels. É certo que hai moreas de sangue virtual cada vez que os golpeamos a “eles” ou, máis comunmente, cando precipitamos a protagonista cara unha morte segura sobre unhas serras. Mais a narrativa vai dunha rapariga que descobre un libro que a transforma todas as noites durante os seus soños, con certas alteracións físicas que persisten na mañá seguinte. [continuar lendo]
Schein
Calquera análise deste Schein mencionará a influencia aparente doutros xogos independentes coma o Limbo e o Braid, e coido que son comparacións máis ben axeitadas. Do primeiro ten a ambientación tebrosa e as mortes sinxelas. Do segundo, os quebracabezas e o intento dunha trama seria con xiros argumentais e certa poesía. [continuar lendo]
Crisis Core: Final Fantasy VII
Xa levo comentados un par de Final Fantasies nesta páxina, inda que xoguei a algúns máis na miña vida xogona. Mais á sétima edición non lle adiquei moito tempo: superei o primeiro disco, pasando o famoso destripe, pero non continuei moito máis aló. [continuar lendo]