Jeanne D’Arc, capítulo 3

Cando investigaba sobre este xogo, moi por riba xa que non me gusta saber de máis antes de comezar, atopeime con moitos xogadores falando do fácil que é. Non direi que é difícil, pero a intelixencia artificial ben sabe o que fai e é capaz de castigar unha mala posición para facernos perder a misión. [continuar lendo]

Jeanne D’Arc, capítulo 2

Ademais de Jeanne, tamén teño a un tal Gilles cun brazalete que lle permite transformase nun superguerreiro durante dúas quendas en cada loita. Non só melloran as súas estatísticas e gañan un poderoso ataque especial, senón que tamén obteñen unha quenda adicional cada vez que rematan cun inimigo. [continuar lendo]

Jeanne D’Arc, capítulo 1

Este xogo histórico narra as aventuras reais de Xoana de Arco, unha moza francesa que loitou na Guerra dos Cen Anos contra os ingleses, mentres dicía que escoitaba a voz de Deus. Nesta versión, Xoana ten un brazalete que lle permite converterse nunha superguerreira durante un tempo limitado, o que lle axuda a derrotar aos monstros e demos do exército inglés. [continuar lendo]