Jeanne D’Arc, capítulo 8

Sufrín un pouco neste derradeiro capítulo, máis que nada porque xa ficara algo desencantado co xogo e calquera dificultade podería facerme abandonalo. Por sorte, só tiven unhas poucas nas dúas últimas loitas polo que conseguín chegar até o fin! A historia estivo resumida a París e ao castelo que sobre esa cidade fixo levitar o demo dentro de Henrique VI. [continuar lendo]

Jeanne D’Arc, capítulo 7

Inda que non o pareza, pola maxia de internet e das publicacións programadas, xa ían case tres meses dende que collín este xogo por última vez. Se me está a facer un pouco longo, ante todo porque as semellanzas cos eventos históricos son cada vez máis escasa e pesa máis a ambientación fantástica, que non ten moito de especial para un xogo deste estilo. [continuar lendo]

Jeanne D’Arc, capítulo 5

Este capítulo foi moi curto dende o punto de vista temporal e lúdico, inda que si que avanzou bastante a trama. Non o comentara explicitamente até agora, pero cada un dos artigos nos que estou dividindo as crónicas deste xogo correspóndense cos capítulos nos que os desenvolvedores partiron o mesmo. [continuar lendo]