Facer un xogo sinxelo con sesións medidas en segundos non debería estar contraposto a facer un xogo decente. Este Turbo Pug DX para PC comeza cunha premisa simple e uns gráficos aceptábeis pero apáñase para facer todo o resto mal. Un cadeliño vai correndo sen fin cara a dereita da pantalla atopando obstáculos polo camiño. [continuar lendo]
Jet Set Radio: …triunfei patinando
A historia do modo principal deste Jet Set Radio énos contada a través do carismático presentador da emisora pirata do mesmo nome. Sita en Toyo-to, a aventura céntrase na banda GG e como intentan recuperar o seu barrio das mans doutros grupos. [continuar lendo]
Jet Set Radio: soñando, soñando…
O único que sabía deste Jet Set Radio era que foi publicado para a Dreamcast, que tiña gráficos cel shading e que ía de patinar. Tamén pensaba que sabía algunhas outras cousas, pero resultaron non ser certas. Os protagonistas van con patíns, e non enriba dun monopatín voador. [continuar lendo]
O señor dos aneis LCG: murmurios de Rhovanion
O portal Susurros del Bosque Viejo organizou a sexta entrega da súa liga nacional do Señor dos Aneis LCG. Esta vez tratábase de superar as tres misións das Terras salvaxes de Rhovanion empregando só as cartas desa caixa e da básica. [continuar lendo]
O señor dos aneis LCG: fuxida de Dol Guldur
Até fai ben pouco só tiña a caixa básica do xogo LCG do Señor dos Aneis xunto a todo o ciclo de Angmar Espertado. Digo “só” porque, inda que parezan unha morea de cartas, é unha fracción moi pequena de todo o que saíu para este xogo. [continuar lendo]