Inda que tiña bastantes ganas de xogar a este xogo do universo 40.000, non agardaba moito del. Coñezo lixeiramente a base da mitoloxía da saga e, non sei moi ben por que, atráeme coas súas razas, faccións e a mestura de mundo vitoriano e futurista. [continuar lendo]
Streets of Rage: non confíes no malo
A miña primeira experiencia coa saga do Streets of Rage coido que foi coa versión para a Master System deste primeiro xogo, inda que a meirande parte das miñas memorias si que son desta versión da Mega Drive. Agora teño a versión máis moderna para xogar no ordenador cun mando da Xbox, pero ven a ser o mesmo. [continuar lendo]
Jeanne D’Arc, capítulo 8
Sufrín un pouco neste derradeiro capítulo, máis que nada porque xa ficara algo desencantado co xogo e calquera dificultade podería facerme abandonalo. Por sorte, só tiven unhas poucas nas dúas últimas loitas polo que conseguín chegar até o fin! A historia estivo resumida a París e ao castelo que sobre esa cidade fixo levitar o demo dentro de Henrique VI. [continuar lendo]
Jeanne D’Arc, capítulo 7
Inda que non o pareza, pola maxia de internet e das publicacións programadas, xa ían case tres meses dende que collín este xogo por última vez. Se me está a facer un pouco longo, ante todo porque as semellanzas cos eventos históricos son cada vez máis escasa e pesa máis a ambientación fantástica, que non ten moito de especial para un xogo deste estilo. [continuar lendo]
Jeanne D’Arc, capítulo 6
Neste capítulo fomos facendo a seitura por toda Francia, seitureiro tras seitureiro caían baixo as nosas espadas. Había un morea de altos cargos que aloxaban cadanseu demo, todos traballando para o novo Henrique VI, entre os que destaca a súa avoa, a raíña Isabel. [continuar lendo]