Nos tempos da Game Boy Advance a saga de xogos de Mega Man Battle Network tiña certa sona, mais eu só xoguei a esta derivación que levou o nome de Mega Man Battle Chip Challenge, case o mesmo. Comparte personaxes, ambientación e gráficos cos Battle Network, pero aí rematan as semellanzas. [continuar lendo]
Cat Quest
Nestes momentos estou a ler De que falo cando falo de escribir de Haruki Murakami. Un dos consellos que dá para futuros escritores é o clásico de ler moito e variado. Supoño que o mesmo se poderá aplicar ao deseño de xogos, polo que podo autoenganarme dicindo que estou a aprender para algún día completar algúns dos meus prototipos ou notiñas nun xogo completo. [continuar lendo]
O señor dos aneis LCG. Unha sombra do pasado
Inda que xa estreara as cartas de xogador da caixa dos Xinetes Negros o ano pasado, non atopei ganas de comezar a saga oficial do Señor dos aneis até que conseguín a outra caixa que completa a parte da Comunidade do Anel. [continuar lendo]
Celeste
Coma xa dixen nos comentarios do Learn 2 Kaizo, os plataformas modernos e esixentes son moi do meu gusto, especialmente aqueles coma o Super Meat Boy onde as mortes non son importantes e podemos repetir inmediatamente o segmento fracasado. Inda teño unha morea por probar, pero agora é o momento do Celeste, un deseño canadense que acadou boas críticas dende a súa estrea en xaneiro do 2018. [continuar lendo]
Xadrez. As miñas aperturas
Tiña esta entrada escrita dende hai algúns anos. Pretendía ser un bosquexo para terrae, pero nunca lle atopei un fío condutor para contar algo realmente interesante e nin sequera ten un final claro. Inda así, coido que é perfecta para esta páxina, que non pretende ser máis ca un diario lúdico persoal. [continuar lendo]