BattleLore (Segunda Edición): crónica da primeira batalla

Fai pouco quedei co meu colega máis xogón de xogos de taboleiro para estrear o seu BattleLore (Segunda Edición). Era a primeira de ambos co sistema Command and Colors de Richard Borg, polo que repartimos as faccións sen pensar moito: eu levaría ós malos e el ós bos. [continuar lendo]

Monster Hunter Freedom Unite: opinións sobre as armas

Ao contrario que no meu primeiro intento de profundar na saga do Monster Hunter, hai xa máis de oito anos, desta vez conseguín completar unha morea de misións na mesma semana, dándome algo de impulso para comezar a comprender algúns dos seus sistemas. [continuar lendo]

Monster Hunter Freedom Unite: Kandra entra en escena

Ola! O dubido, pero se hai algún de vós por aí que estaba agardando a continuación das miñas aventuras no mundo do Ultima IV… pois teño malas noticias! Após perder as miñas notas sobre o mesmo, máis aló do escrito neste blogue, dáme algo de preguiza continuar. [continuar lendo]

Monument Valley: pouco xogo, moita presunción

Cando saíu no seu día, eu probei o Echochrome da PSP. Non avancei moito porque o atopaba bastante complicado e a miña visión espacial deixa bastante que desexar. En resumo, facíame sentir un pouco topón e mamalón. Este Monument Valley comparte a idea dun universo con formas tridimensionais imposíbeis que son proxectadas ao plano da pantalla, permitindo rotar partes do mundo para crear novos camiños en dúas dimensións. [continuar lendo]

Ultima IV: portas dun só sentido

Ultimamente tiña a idea de que non estaba a avanzar moito no xogo, pero as múltiples horas deste sétimo capítulo foron inda menos produtivas. As únicas pistas que me ficaban pendentes para investigar eran preguntar na taberna Folley pola raíz da mandrágora e chegar a unha pequena illa moi preto da costa oeste do continente, máis aló da Fraga Espírito. [continuar lendo]