A seguinte viaxe foi cara o norte, a unha cidade agochada nun bosque moi denso que, por sorte, pódese atopar camiñando en liña recta dende un paso montañoso ao oeste de Britannia. A verdade é que coller referencias xeográficas desta maneira por un mesmo, por sinxelas que sexas, é algo moi inmersivo. [continuar lendo]
Ultima IV: quen teña honra, que reparta!
Desta vez decidín centrarme máis nos obxectivos de cada cidade en lugar de vagar polo mapa sen moito senso. Por iso, o primeiro que fixen foi botarlle un ollo ao mapa a tentar ser un pouco máis exhaustivo na exploración do mundo. [continuar lendo]
Ultima IV: batalla ciclópea
No mapa que ven co xogo tamén pódense ver uns círculos negros, outros brancos e outros metade-e-metade; inda non se me deu por visitar eses lugares pero ten pinta de que se corresponderán coas fases da lúa! Ou das lúas, mellor dito, xa que sempre aparecen a pares, tanto no mapa coma na parte superior da interface da fiestra do xogo. [continuar lendo]
Ultima IV: Silva 2 – 0 Xogón
Coa runa da compaixón no peto, vagueei un pouco cara o norte até que atopei unha vila ao lonxe. Ese foi exactamente o momento no que me deixei ir e pisei unhas silveiras, lembrando de maneira directa os meus primeiros pasos no mundo de Ultima. [continuar lendo]
Ultima IV: unha runa, por compaixón
Comecei este capítulo recentemente chegado ao mapa xeral após saír do castelo de Lord British. Tiña intención de chegar de novo a cidade dos guerreiros para seguir coa procura da pedra vermella, mais sen ter idea de onde podería estar sita. [continuar lendo]