Ola! No momento de escribir isto inda non hai ningún comentario en toda a páxina, pero están máis que abertos tanto para este artigo coma para calquera outro pasado ou futuro. Non fica claro co formulario actual, pero tódolos campos (nome, email, web) son opcionais e non podo nin saber a IP que empreguedes. [continuar lendo]
Suikoden, capítulo 2
Despois da arreada inicial para coller velocidade, troquei a frecuencia de publicación dos artigos a un por semana, polo que os mércores á noitiña poderedes ler as miñas aventuras lúdicas. Tamén tedes un RSS, para descubrilos ó momento.
Tras vencer na primeira batalla a gran escala coa que terminei o capítulo anterior, tiven unha segunda que me deu acceso a unha nova zona que até ese momento se atopaba inaccesíbel por mor dunha fortaleza inimiga que bloqueaba o paso. [continuar lendo]
Suikoden, capítulo 1
O xogo comeza dándome o control do protagonista, o fillo dun xeneral moi respectado no imperio. “Meu” pai marcha e eu teño que empeza-la miña carreira como peón no mesmo exército. Na primeira entrevista co emperador déronme a oportunidade de renegar do exército xa de entrada, pero seleccionar esa opción non tivo ningún efecto no xogo porque se tomou como unha broma. [continuar lendo]
Shining Force, resumo final
Após narrar capítulo por capítulo a miña partida a este xogo (enlace ó primeiro), vou facer un pequeno resumo final do mesmo.
Empezarei dicindo que este Shining Force xa estivo no meu punto de mira fai uns anos, pero non o cheguei a estrear porque non me convencía a parte de non poder recrutar a tódolos personaxes sen empregar unha guía ou, por calquera outro motivo, non ter unha partida “perfecta”. [continuar lendo]
Shining Force, capítulo 8
Alzamento do castelo antigo.
Non hai moita historia a estas alturas. Os poboadores de Runefaust están quedos e felices porque rematou a guerra e o contacto que temos na cidade dinos que vaiamos cara o castelo porque alí é por onde hai que seguir. [continuar lendo]