Torchlight. Capítulo 1

Dende os primeiros acordes deste Torchlight o xogo intenta enviarnos ao Tristam do Diablo. Eu pasei máis tempo no pequeno nivel post-apocalíptico da segunda entrega rescatando a Deckard Cain ca na primeira falando con Griswold e compañía; de feito, para min Griswold sempre será ese morto vivente que che maldicía a base de puños. [continuar lendo]

Wild Arms XF

Xa case é unha tradición, polo que comezarei esta entrada falando dun xogo programado por min que non durou máis dunha semana. Neste caso o prototipo era dun xogo de tácticas por quendas ao estilo do Shining Force ou o Final Fantasy Tactics, co engadido de que os personaxes serían claramente inspirados por outros de videoxogos famosos: o boina verde, Simon Belmont, Solid Snake, etc. [continuar lendo]

Slay the Spire. Capítulo 4

O Slay the Spire segue a ser un dos meus xogos favoritos; incluso o considero inspirador á hora de aprender a levar un xogo dende unha idea orixinal até unha boa culminación. Co obxectivo de saber máis sobre os límites do mesmo, decidín darlle un bo tento aos acadamentos que me faltaban por conseguir. [continuar lendo]