<<

O señor dos aneis LCG: herdeiros de Númenor (I)

Tiven a sorte de recibir como agasallo de aniversario a expansión do Señor dos Aneis LCG dos Herdeiros de Númenor. Baseada nas terras de Gondor, engádeme aos heroes Boromir e Beregond, ademais dalgunhas cartas co trazo deste reino sen reis. Para sacarlle proveito ás cartas novas, decidín facer unha baralla con boa parte delas e algunhas outras que xa posuía e que lle pegaban ben. Como o único heroe de Gondor da miña colección previa era o príncipe Imrahil, foi doado decidir que sería unha mestura de táctica e liderado. Quedou tal que así:

Hero (3)
Beregond (Heirs of Númenor)
Boromir (Heirs of Númenor)
Prince Imrahil (A Journey to Rhosgobel)

Ally (23)
3x Citadel Custodian (Heirs of Númenor)
3x Defender of Rammas (Heirs of Númenor)
3x Envoy of Pelargir (Heirs of Númenor)
3x Errand-rider (Heirs of Númenor)
2x Faramir (Core Set)
3x Gandalf (Core Set)
3x Ingold (The Wastes of Eriador)
3x Veteran of Osgiliath (Escape from Mount Gram)

Attachment (12)
1x Celebrían’s Stone (Core Set)
3x Gondorian Shield (The Steward’s Fear)
1x Horn of Gondor (Core Set)
3x Spear of the Citadel (Heirs of Númenor)
2x Steward of Gondor (Core Set)
2x Sword of Númenor (The Dread Realm)

Event (14)
3x Behind Strong Walls (Heirs of Númenor)
2x Feint (Core Set)
2x For Gondor! (Core Set)
2x Sneak Attack (Core Set)
2x Valiant Sacrifice (Core Set)
3x Wealth of Gondor (Heirs of Númenor)

Player Side Quest (1)
1x Send for Aid (The Treachery of Rhudaur)

A miña idea é xogar tres partidas, sen trocar o mazo, a cada unha das cinco aventuras deste ciclo que teño actualmente. Coa baralla sen probar, sen refinar e sen saber nada do que me agarda nos mazos de encontro, non conto con obter unha razón de vitorias/derrotas moi elevada. Pero non poñamos a cesta antes do olifante e vaiamos unha por unha a estas aventuras nos terreos de Gondor.

Boromir antes de comezar a campaña.

A primeira parada, perigo en Pelargir, tráeme a un entorno urbano por primeira vez na miña experiencia co xogo. A misión parece sacada dun módulo malo dos oitenta dun xogo de rol de fantasía europea-medieval, xa que comeza nunha taberna onde obtemos un pergamiño que lle teremos que levar a Faramir, e pronto comeza unha liorta no que o pergamiño troca de mans constantemente á vez que o intentamos achegar ao seu destino. Ás veces semella unha pelexa cómica nun salón do oeste americano.

Pero a parte cómica pouco durou na miña primeira partida. Na terceira e última fase apareceu un asasino que liquidou sen contemplacións a Beregond, volvendo á área de preparación e liquidando a Boromir na seguinte quenda; o príncipe Imrahil non puido completar a misión sen a axuda dos seus finados compañeiros. Na segunda partida fun quen de librarme do asasino, pero Boromir pasouse coa cervexa e chamou moito a atención de Sauron, coido que é algo que podería ter pasado nos libros tamén. Non foi até a terceira cando conseguín a vitoria no escenario. Inda así estivo complicado até o final, xa que rematei cun colapso na cidade que me deixou a unha carta de localización da derrota. Pero a sorte sempre é algo preciso nun xogo de cartas deste estilo.

Boromir durante a primeira aventura.

Que conste que houbo unha aparición importante de Faramir como carta de xogador na miña última partida, para darlle un empurrón á última etapa da misión. Si, hai unha incoherencia narrativo-lúdica, xa que se supón que lle estou a levar unha mensaxe precisamente a este irmán pequeno de Boromir. Podemos abstraernos un pouco e pensar que o liderado deste home axudoume a conseguir o obxectivo. Ou quizais que a confianza dos aliados nun capitán tan excelente impulsounos para facer un último esforzo. Ou non pensar moito en elo e simplemente pasar ao seguinte escenario, no que iremos cara a Ithilien.

Desgraciadamente, non escribín un resumo de verdade das partidas deste segundo escenario logo de xogalas, polo que agora é case imposíbel recordar exactamente o que pasou. Só sei que gañei a primeira partida con 49 puntos de ameaza pero superándoa por moito no último empurrón, gañei a segunda partida con dúas aparicións de Gandalf e perdín a terceira contra elites de Haradrim e dúas compañas de inimigos.

Boromir ao ler o anterior parágrafo.

  • Perigo en Pelargir: D / D / 149.
  • Cara Ithilien: 128 / 116 / D.
  • Tempo de xogo: 34 + 40 + 30 e 27 + 20 + 15 minutos.