O señor dos aneis LCG. Unha sombra do pasado

Inda que xa estreara as cartas de xogador da caixa dos Xinetes Negros o ano pasado, non atopei ganas de comezar a saga oficial do Señor dos aneis até que conseguín a outra caixa que completa a parte da Comunidade do Anel. Como o único heroe que ven nesa expansión é Gandalf, decidín facer unha baralla con este mago acompañando a Frodo, Pippin e Merry; supoño que Sam aparecerá máis adiante, plantándolle cara a Saruman nesta interpretación alternativa da historia de Tolkien. As cartas seleccionadas partiron da base da colección de xoguetes do Istari, algunhas que interactúan cos medianos e algunhas outras habituais dos mazos de saber e espírito.

Hero (4)
Frodo Baggins (The Black Riders)
Gandalf (The Road Darkens)
Merry (The Wastes of Eriador)
Pippin (The Black Riders)

Ally (19)
2x Bilbo Baggins (The Road Darkens)
3x East Road Ranger (The Wastes of Eriador)
3x Galadhrim Healer (The Dread Realm)
3x Galadhrim Weaver (The Treachery of Rhudaur)
2x Gléowine (Core Set)
1x Henamarth Riversong (Core Set)
2x Northern Tracker (Core Set)
3x Wellinghall Preserver (Across the Ettenmoors)

Attachment (12)
3x Fast Hitch (The Dead Marshes)
2x Gandalf’s Staff (The Road Darkens)
2x Hobbit Pipe (The Black Riders)
2x Hobbit Pony (The Wastes of Eriador)
1x Unexpected Courage (Core Set)
2x Wizard Pipe (The Road Darkens)

Event (16)
2x A Test of Will (Core Set)
3x Drinking Song (Mount Gundabad)
3x Flame of Anor (The Road Darkens)
3x Rumour from the Earth (Return to Mirkwood)
3x Smoke Rings (The Black Riders)
2x The Galadhrim’s Greeting (Core Set)

Player Side Quest (3)
1x Double Back (Escape from Mount Gram)
1x Gather Information (The Lost Realm)
1x Scout Ahead (The Wastes of Eriador)

A primeira partida da campaña, no escenario Unha sombra do pasado, foi ben. Conseguín estabilizar o taboleiro nas primeiras quendas e compensando con aliados novos toda a ameaza que aparecía na área de preparación, especialmente en forma de Nazgûls. Chegaron a estar os cinco nesa zona ben aliñados namentres eu tentaba avanzar dunha etapa á seguinte; tematicamente estaba a agocharme dos sicarios de Sauron incorporando máis e máis aliados ao meu grupo, incluíndo algúns ents xigantes, o cal non deixa de ter bastante graza e amosa algunhas das limitacións do sistema. Precisamente rematei a partida satisfactoriamente grazas á forza deses custodios, inda que me levou bastantes quendas porque non deixaban de saír novos lugares que me bloqueaban as posibilidades de vitoria. Até tiven tempo de ir eliminando aos cabaleiros negros un por un antes de gañar… inda que a vitoria foi nula porque esquecín ter en conta a carga do atraso de Gandalf ao comezo da partida!

Resultou que tiña preparada toda a partida o día anterior cando me decatei de que faltaba esa carta, pero confiei no Xogón do futuro para que se lembrase de engadila antes de comezar. Non funcionou. Por tanto tiven que xogar outra partida un terceiro día para limparme dese sentimento de porcallada por non ter interpretado ben as regras. Esa partida foi moito máis directa, deixando que Gandalf eliminase aos cabaleiros segundo ían aparecendo e conseguindo unha vitoria cómoda na oitava quenda sen facer máis ca unha proba de ocultación… como? que iso non é posíbel porque hai polo menos dúas obrigatorias? Pois é verdade! Son tan paparón que estaba a xogar coma se as probas de ocultación foxen equivalentes ás de fuxida das expansións do primeiro ciclo. Basicamente facía moitas menos das que tocaban e moito máis sinxelas, o cal me beneficiou moito, claro.

Pois nada, tocará unha terceira partida e a ver se xogo con máis calma e lendo ben todas as cartas. E desta vez abofé que si que o fixen, ou polo menos inda non me decatei de ningún erro. Desta vez tocoume facer máis probas de ocultación e até fracasei algunhas, estando moi preto de perder a un heroe pero conseguindo unha vitoria, agardo que merecida, na decimoquinta quenda. Agora si que estou listo para pasar á segunda misión da caixa. Decidín conservar a axuda de Gildor Inglorion e a carga do atraso de Gandalf. Non vamos mal, veremos coma seguiremos!

Deixa unha resposta

Agradécense todos os comentarios, por moi vella que sexa a entrada. Todos os campos son opcionais e non se garda absolutamente ningunha información persoal a maiores, nin sequera a vosa IP.