<<

Ironsworn. Capítulo 2, reencontro no claro

Logo do encontro con Artiga, Nazmi continúa na procura dunha solución para a súa comunidade. Preguntemos ao oráculo sobre o que está a acontecer agora mesmo:

• Tirada de oráculo, acción 38 (1d100): compartir.
• Tirada de oráculo, tema 28 (1d100): investigar.

Sabendo que en Pontormenta, a aldea de Artiga, pasou exactamente o mesmo dos barcos levando a enfermidade. Xa que non está tan lonxe, quizais pague a pena pegarlles unha visita, mantendo as distancias, e comunicarlles a historia das herbas da avoa. A colaboración podería resultar satisfactoria para ambas partes. Nembargantes, o mellor é estar ben cuberto, así que Nazmi intenta aproveitar o seu coñecemento dos terreos para atopar a mellor maneira de achegarse sen riscos.

SECURE AN ADVANTAGE
When you assess a situation, make preparations, or attempt to gain leverage, envision your action and roll. If you act…
With expertise, insight, or observation: Roll +wits.
• Tirada de acción: 3 (1d6) + 3 (inventiva) = 6.
• Tirada de desafío: 8 (1d10), 7 (1d10).
 On a miss, you fail or your assumptions betray you. Pay the Price.

Nazmi prestoulle moita atención aos camiños, pero esqueceuse de mirar ás cumias das árbores. [Inercia -1; nova inercia = 0.]

-“Eh, ti, ë lanceire! Es da Costa Perdida, non? Esa lanza déixao…”
-“Si, si, abofé que vos ensinan ben as costumes alleas en Pontormenta…”
-“Artigo, nome e motivo da visita?”
-“O Nazmi. Son coñecido de Artiga e veño a intercambiar información sobre a praga dos barcos, xa que a nós tamén nos afectou gravemente e ando na procura dunha cura. Podería falar co druída?”

COMPEL
When you attempt to persuade someone to do something, envision your approach and roll. If you…
Charm, pacify, barter, or convince: Roll +heart (add +1 if you share a bond)
• Tirada de acción: 3 (1d6) + 1 (corazón) = 4.
• Tirada de desafío: 9 (1d10), 9 (1d10). [Iguais!]
On a miss, they refuse or make a demand which costs you greatly. Pay the Price.

-“Nin falalo! Non tes probas de coñecer á Artiga e claramente estás nunha posición inferior como para facer demandas. Conta todo o que sabes e lisca axiña!”

Nazmi sabe que ele ten razón, polo que non fai outra cousa que pregarse á petición dë descoñecide, contar o pouco que sabe a estas alturas e dar media volta. [Inercia -2; nova inercia = -2.] Non obstante, dende a cumia do árbore sae unha frecha e un berro de “e non volvas!”.

ENDURE HARM
When youface physical damage, suffer -health equal to your foe’s rank or as appropriate to the situation. [Vida = 3].
Then, roll +health or +iron, whichever is higher.
• Tirada de acción: 4 (1d6) + 3 (vida) = 7.
• Tirada de desafío: 9 (1d10), 5 (1d10).
On a weak hit, you press on.

Ferido por dentro e por fóra, Nazmi opta agora por esquecer as relacións sociais e volver ao interior, contando con que o seu instinto o axudará a atopar as herbas que tanto cobiza.

UNDERTAKE A JOURNEY
When youtravel across hazardous or unfamiliar lands, set the rank of your journey.
• Dangerous journey: 2 progress per waypoint.
Then, for each segment of your journey, roll +wits.
• Tirada de acción: 5 (1d6) + 3 (inventiva) = 8.
• Tirada de desafío: 3 (1d10), 2 (1d10).
On a strong hit, you reach a waypoint. If the waypoint is unknown to you, envision it (Ask the Oracle if unsure).
• Tirada de oráculo, acción 36 (1d100): suprimir.
• Tirada de oráculo, tema 86 (1d100): desolación.
Then, choose one.
• You move at speed: Mark progress and take +1 momentum, but suffer -1 supply. [Inercia = -1, recursos = +4, viaxe plantas = 2.]

Logo de fuxir por un denso bosque, con moito medo de recibir máis frechazos, Nazmi atópase nun soleado claro cunha corrente riarenga que semella ben limpa e que quizais lle sirva para limpar as súas feridas, polo menos as externas, antes de continuar coa viaxe.

HEAL
When you treat an injury or ailment, roll +wits. If you are mending your own wounds, roll +wits or +iron, whichever is lower.
• Tirada de acción: 1 (1d6) + 2 (ferro) = 3.
• Tirada de desafío: 2 (1d10), 2 (1d10). [Iguais!]
On a strong hit, your care is helpful. If you (or the ally under your care) have the wounded condition, you may clear it. Then, take or give up to +2 health. [Vida = 5].

Namentres atendía á súa ferida, Nazmi vixiaba constantemente os extremos do aparentemente tranquilo claro. Xa preparaba a lanza cando viu que a persoa que se achegaba non era outra ca Artiga! Como lle foi na súa persecución de Lio?

• Tirada de oráculo, acción 34 (1d100): defender.
• Tirada de oráculo, tema 86 (1d100): desolación.

Artiga cóntalle ao noso protagonista como conseguiu dar con Lio e apertarlle un pouco as caravillas, pero xa era moi tarde para que iso fose útil: os de Verderrío xa tiñan información privilexiada sobre Pontormenta. Non se sabe como a empregarán, pero haberá que manterse máis alerta ca nunca.