O señor dos aneis LCG. O anel viaxa cara o sur

Os cinco hobbits apañáronse para deixar atrás aos xinetes negros no anterior capítulo e chegar a Rivendel. Alí decidiuse que o anel terá que viaxar ao sur, levado por Frodo e acompañado polo resto dos pequenos protagonistas. A novidade desta misión é que temos unha primeira misión que é bastante beneficiosa, xa que nos reparte algunhas cartas de balde logo do concilio de Elrond; lembroume á interpretación no xogo de taboleiro de Reiner Knizia que tamén conta a historia do libro máis famoso de Tolkien. O primeiro que tocaba entón era pasar por Caradhras, por moito que xa saibamos que iso non vai funcionar. Para facelo máis temático, saíume a traizón da nevada mesturada con vento, polo que tentar atravesalo converteuse nunha épica máis complicada. Tan complicada que o resto de localizacións fóronse acumulando sen explorar e non puiden saír nunca da espiral de fases de misión con resultados negativos. Era momento de facer uns axustes á baralla, aproveitando a posibilidade de xogar gratis unha carta, engadindo maior control para as localizacións e eliminando algunhas que xa non viñan a conto. Este foi o resultado:

Hero (5)
Fatty Bolger (The Black Riders)
Frodo Baggins (The Black Riders)
Merry (The Black Riders)
Pippin (The Black Riders)
Sam Gamgee (The Black Riders)

Contract (1)
1x Bond of Friendship (The Fortress of Nurn)

Ally (21)
2x Barliman Butterbur (The Black Riders)
2x Bill the Pony (The Black Riders)
2x Faramir (Core Set)
2x Gandalf (Core Set)
1x Henamarth Riversong (Core Set)
2x Ingold (The Wastes of Eriador)
2x Meneldor (Roam Across Rhovanion)
2x Northern Tracker (Core Set)
2x Silvan Refugee (The Drúadan Forest)
2x Snowbourn Scout (Core Set)
2x West Road Traveller (Return to Mirkwood)

Attachment (12)
2x Dagger of Westernesse (The Black Riders)
2x Elf-stone (The Black Riders)
2x Fast Hitch (The Dead Marshes)
2x Hobbit Cloak (The Black Riders)
2x Hobbit Pony (The Wastes of Eriador)
2x The Long Defeat (The Battle of Carn Dûm)

Event (16)
2x A Test of Will (Core Set)
2x Feint (Core Set)
2x Frodo’s Intuition (The Black Riders)
2x Halfling Determination (The Black Riders)
2x Hobbit-sense (Encounter at Amon Dîn)
2x Quick Strike (Core Set)
2x Shadow of the Past (Return to Mirkwood)
2x The Shirefolk (Mount Gundabad)

Player Side Quest (1)
1x Scout Ahead (The Wastes of Eriador)

Desta segunda vez as cousas foron máis doadas, polo menos no comezo. O reparto inicial no concilio de Elrond non foi especialmente interesante, mais o mazo de encontros portouse moito mellor e non me lanzou ningunha combinación desastrosa. Os medianos obtiveron algúns puntos de dano polas localizacións percorridas pero conseguiron chegar até as portas de Durin. Lamentablemente, e como non podía ser doutra maneira, Frodo foi capturado pola Vixía na Auga. O equipo acadou o salvamento de Frodo, pero o resto de aliados foron devorados polo mesmo monstros, deixando o tempo xusto para que os heroes descifrasen as portas nunha última quenda na que precisamente Gandalf apareceu para resolver o enigma (coma nos libros, mais non coma na película, se lembro ben). A comunidade do anel estaba dentro de Moria, mais os perigos non fixeron máis ca comezar.

Na seguinte aventura, Viaxe na escuridade, os problemas non viron até ben tarde. Dominei totalmente o mazo de encontros durante as primeiras quendas, inda que avancei un par de veces o reloxo do Balrog. Na segunda fase hai que derrotar tres inimigos para avanzar, e organicei as quendas do mazo de encontros para que xusto aparecese o Balrog cando podía ter a todos os meus personaxes preparados para atacalo, con cartas na man para obviar os seus ataques durante varias quendas. Desta maneira podería quitarme o perigoso inimigo e cumprir os requisitos para avanzar á última fase ao mesmo tempo. Un plan que nin pintaba tan mal, até que apareceu o Dano de Durin, uns dos seres máis poderosos sobre a Terra Media… Obviamente resultou inmune ás miñas cartas, polo que non podería esquivar os seus ataques, e ademais indestrutíbel con nove puntos de armadura e vinte e cinco de vida. Conseguín aguantar vivo para ver a última fase e decatarme do complicado que será conseguir a vitoria sen baixas. A ver se acado ese logro para a próxima!

Un comentario en “O señor dos aneis LCG. O anel viaxa cara o sur”

Deixa unha resposta

Agradécense todos os comentarios, por moi vella que sexa a entrada. Todos os campos son opcionais e non se garda absolutamente ningunha información persoal a maiores, nin sequera a vosa IP.