Shining the Holy Ark. Capítulo 3
Nesta entrada non avancei moito. Quería completar un alxube máis antes de vir aquí a escribir, pero non conseguín nin entrar no mesmo. Tomei unhas notas para axudarme a razoar sen ter que navegar polo xogo en si mesmo, déixoas por aquí para, unha vez que o teña resolto/destripado, ver se asumín algo mal ou se tiña algunha posibilidade de solucionalo:
I
|
|
|----4----|
| | |
| | |
1----2----3
| | |
| | |
|----0----|
|
|
|
|
M
- | and – = walking paths.
- I = Tower of Illusion (North? Maybe not). Can’t enter even though that’s the objective.
- M = Mirage town. No one seems to say anything helpful there.
- 0 = Floor plaque with instructions about the chosen ones (us) offering the four words to enter the tower.
- 1 = Face illusion, right hand aloft, enter from the South. And offer.
- 2 = Face illusion, left hand aloft, enter from the East. And offer.
- 3 = Face illusion, right hand aloft, enter from the North. And offer.
- 4 = Face illusion, both hands aloft, enter from the South. Offer 3 words beforehand.
O que máis probei foi a aproveitar as posibilidades de andar de lado ou cara atrás para mirar constantemente a torre e entrar dende os puntos cardinais que indica cada placa. Pero non sei de que vai iso de “ofrecer”, que é unha “palabra” ou como interpretar o de levantar as mans. Neste último caso pedín axuda allea e alguén comentou que quizais tería que ver con xirar sempre nese sentido, como se estivésemos a explorar un labirinto. Probei algunhas variacións con iso e non atopei maneira. Non creo que haxa ningún obxecto ou maxia que teña que empregar e, como estou atrapado no medio do deserto, tampouco hai moito máis que poida explorar por fóra. Atopei sen querer unha mención na páxina de “That One Puzzle” de TV Tropes, polo que entendo que é complicado e pode que, para a seguinte entrada, pida papas e directamente mire como é a solución.
Polo resto só avancei en dous alxubes. O primeiro, unha cova marítima cunhas tartarugas famélicas, deume algo de problemas porque, logo de exploralo case todo, unha pista falaba de empregar unha lente de visión verdadeira no ollo esquerdo da caveira. Xa aprendera a lección de mirar a forma do mapa nalgún dos Zeldas máis vellos, pero aquí non encaixaba nada así. Coido que, despois de todo, esa pista non tiña un verdadeiro senso ou facía referencia a algo que xa superara, xa que a solución pasaba por empregar dita lente para que aparecese unha ponte cara a única área que me quedaba por visitar. Foi algo decepcionante. O único truco non obvio do segundo alxube eran unhas portas que se abrían cando pisaba unha pedra remota e se pechaban pouco despois, pero algunhas tiñan situado estratexicamente unha baldosa que nos trocaba a dirección de avance. A idea era camiñar de lado para, unha vez xirados, quedar de fronte á porte e chegar até o outro lado sen problemas.
Supoño que non quedarán máis de tres alxubes como moito, inda que só teño dous visibles agora mesmo. A miña idea é conseguir acceso a esa torre ilusoria e, logo, apurar a parte final antes de volver escribir aquí. Todo iso se non atopo outro crebacabezas que tamén me deixe louco. Xa que, por moito que a solución sexa totalmente arbitraria, os gráficos deixen que desexar, algúns detalles semellen ser dun xogo inacabado ou que as imaxes por segundo baixen a catro nalgúns intres, estou a pasalo ben coa experiencia completa. Quizais precisamente porque, agás nun par de detalles, tampouco esixe moita atención.
- Tempo de xogo: 18 horas.
- Grupo: Xogon (campión, nivel 11), Rodi (mestre ninja, nivel 9), Melody (invocadora, nivel 11), Basso (cabaleiro dragón, nivel 10), Akane (xefa kunoichi, nivel 8), Forte (feiticeiro, nivel 7), Lisa (paladina, nivel 7).
- Fadas: 30.
- Loitas fuxidas: 8 (7 contra bestas-moedas).
- Loitas perdidas: 0.