<<

Furi Demake - The Chain

Pasei de escribir as entradas nesta páxina nunha libreta a facelo en dixital. E, nalgúns casos, coma este, ata vai escrito no móbil. Iso de ser “produtivo” en calquera intre co aparello que levo no peto é unha idea moi atractiva que poucas veces logro acadar. Pero hoxe forcei cun temporizador de menos de dez minutos para escribir esta entrada sobre o Furi Demake, un xogo fan baseado no Furi que completei en nove minutos e pico. E claro, non quería adicarlle moito máis tempo a falar del do que me levou xogalo.

Intro

Do orixinal non sabía case nada. De feito, na miña mente está mesturado co Tunic e o Sable, cos que non sei nin que comparte. Pero logo de probar esta versión dunha das súas liortas contra un xefe, xa aprendín un pouco. Aquí hai un sistema de avaliación do desempeño do xogador, varias dificultades e un cronómetro, polo que entendo que son herdanzas do outro e que tamén estará enfocado dese xeito á procura dunha eficiencia máxima, que supoño será difícil de acadar.

Controis

Gustoume a idea e a curta aventuriña, que se presta ben a continuacións, que non sei se chegarán. Tardei un pouco en saber as mecánicas secundarias e como loitar de maneira efectiva, pero tampouco tiven moito tempo para máis. Igual que aquí, que me quedaban 20 segundos para darlle final. Adeus!

Resumo