<<

Calquera Habilidade É Autorizada

(English summary at the end.)

No blogue de Prismatic Wasteland desafiaron a crear unha mecánica de resolución para un xogo de rol e darlle un nome antes de que acabe o mes. Quería participar por facer algo diferente con esta páxina, é isto foi o primeiro que se me ocorreu. Sentirvos libres de coller e modificar esta CHEA para o que estimedes oportuno.

En Calquera Habilidade É Autorizada cada xogadora rola todas as habilidades que teña ante cada desafío importante, se polo menos unha iguala ou supera o nivel de tensión actual, o desafío é superado e a xogadora debe integrar o emprego desas habilidades na narración da resolución. Noutro caso, será a dirección a que empregue o valor máis baixo para narrar o fracaso.

A mecánica está un pouco pensada para tres habilidades elixidas libremente no momento de creación de personaxe e asignadas 1d12, 1d10 e 1d8. Por exemplo un feiticeiro de fantasía pode ter Piromaxia 1d12, Astronomía 1d10 e Música 1d8.

Velaquí as probabilidades de éxito asumindo tres habilidades con valores 1d12, 1d10 e 1d8:

Tensión % éxito
1 100%
2 99’90%
3 99’17%
4 97’19%
5 93’33%
6 86’98%
7 77’50%
8 64’27%
9 46’67%
10 32’50%
11 16’67%
12 8’33%

Pecho contando que a base quedou clara ben cedo, pero tiven problemas á hora de poñerlle o nome. Na miña mente xa andaban Any Ability Allowed e Calquera Habilidade É Autorizada, e con iso fun para cama. Unha hora máis tarde espertei con que CHEA non era un acrónimo válido porque lembra a alcol. Trinta minutos despois chegaron as dúbidas sobre o de “autorizada”, que soaba falso. E así toda a noite, con espertares constantes, case nulo descanso e a cabeciña sen parar. Foi na mañá seguinte cando me decatei de que estaba moi enfermo e que estiven delirando durante horas. Unha semana máis tarde nin ganas teño de pensar noutros nomes.


English summary for Any Ability Allowed:

  • Roll all your abilities on each important challenge. If any roll is higher or equal than the current tension level, you succeed and get to narrate the outcome based on the related abilities. Otherwise, the referee will narrate the failure using the ability with the lowest roll.
  • It’s recommended to have three different abilities for each character with values 1d12, 1d10 and 1d8. For example Dance 1d12, Handle vehicle 1d10 and Autopsy 1d8 for a particular helmsman.