<<

Eu-Musicoth

Comecei, hai uns meses, a escribir pequenos parágrafos sobre álbums musicais que me prestan. Chegados a un punto, quería publicalos nesta páxina, pero non lles atopaba un espazo. Non me convencía o de metelos cun xogo, como xa fixen no Soul Blade ou nalgún outro cando quixen falar de libros, nin tampouco montar unha segunda páxina paralela para separar o diario de xogos deste outro musical. Ao final penso que a solución máis axeitada é, simplemente, poñelos por aquí como calquera outra entrada. Serán pequenas, sairá unha cada venres e, o que non desexe lelas que mire para outro lado.