<<
Gojira - L'Enfant Sauvage
Cando os métodos habituais fracasaron, puxen este disco a un volume axeitado e comecei a moverme ao ritmo da primeira canción. Mentres bailaba a segunda, L’Enfant Sauvage, o neno que levaba no colo xa durmía. Este ritual repetiuse bastantes veces, deixándome o resto do álbum de fondo para relaxarme eu tamén.