<<
Illa Prohibida. Subxogo a partir dos 2 anos
Basicamente trátase dun pequeno xogo de recoñecemento de imaxes aproveitando varias fichas e cartas deste xogo:
- Mesturamos as fichas de illa e as poñemos todas coa cara non azul cara arriba.
- Sacamos unha carta de inundación, lemos o nome, amosámola e deixamos que a cativada atope a ficha equivalente e lle dea a volta.
- O xogo remata cando estean todas as fichas coa cara azul visible.
Posibles variantes que se me ocorren:
- Xogar co lado azul inicialmente cara arriba.
- Xogar unha segunda volta na que as fichas abandonan o xogo.
- Non amosar os debuxos, só ler o nome.
- Modo competitivo no que o máis rápido queda coa ficha atopada a modo de punto.
Deixo tamén unha tradución castelán->galego dos nomes dos lugares:
- Acantilados del abandono -> Acantilados do abandono
- Atalaya -> Atalaia
- Bosque carmesí -> Bosque carmesí
- Caverna de las ascuas -> Caverna das ascuas
- Caverna de las sombras -> Caverna das sombras
- Dunas del engaño -> Dunas do engano
- Hondonada tenebrosa -> Fondal tebroso
- Jardín de los aullidos -> Xardín dos ouveos
- Jardín de los susurros -> Xardín dos murmurios
- Laguna perdida -> Lagoa perdida
- Observatorio -> Observatorio
- Palacio de coral -> Palacio de coral
- Palacio de las mareas -> Palacio das mareas
- Pantano de la bruma -> Pantano da brétema
- Pista de atterizaje -> Pista de aterraxe
- Puente colgante -> Ponte colgante
- Puerta de bronce -> Porta de bronce
- Puerta de cobre -> Porta de cobre
- Puerta de hierro -> Porta de ferro
- Puerta de oro -> Porta de ouro
- Puerta de plata -> Porta de prata
- Roca del fantasma -> Roca da pantasma
- Templo de la Luna -> Templo da Lúa
- Templo del Sol -> Templo do Sol