<<

The Cranberries - Bury the Hatchet

Pasaron moitos anos dende que fun capaz de recoñecer de lonxe a portada do Bury the Hatchet ata que me parei a escoitalo. E quizais eses anos foran xusto os precisos para entender ben a mestura de temas adultos, nostalxia e pouca importancia que trae ese son tan popeiro, de xeito que acabei simpatizando ata con Copycat.