<<

deadmau5 - For Lack of a Better Name

Un día estaba a limpar o baño acompañado por esta música cando a miña parella entrou pensando que estaba a empregar algún artefacto eléctrico dalgún xeito estraño. A min sempre me gustaron tanto esas partes instrumentais percutidoras coma as cantadas con eses efectos vocais tan esaxerados.