<<

New Model Army - The Ghost of Cain

Atopeinos grazas á versión de Sepultura de The Hunt e agora prefiro esta orixinal. A agresividade das letras en moitas das cancións, que non teñen medo en amosar a posible aplicación da violencia, contrasta co relativamente calmo das melodías. Sempre pensei que o ton encaixaba cunha antiga amiga que podería simpatizar coas mensaxes e a música, mais coido que nunca llo dixen.