<<
Jurojin - The Living Measure of Time
Cando tiven a idea de falar de discos de música aquí pensei en que tiña que ter coidado de non facer de altofalante minúsculo a xente que non o mereza. Nalgúns casos é doado detectar a eses cretinos, pero outras veces atopo case imposible penetrar nas letras para entender unha mensaxe máis profunda. Non podo dicir se The Liar fala de algo filosófico ou un crime literal, pero soa ben e, a falta de confirmación do posible cretinismo, aceptarémolo nesta listaxe.