<<
Dream Theater - Metropolis Pt. 2: Scenes from a Memory
Tiña esta obra de Dream Theater en alta estima nos meus anos mozos, pero foi cando sentei coa letra diante cando, probablemente, tornei no seu maior seareiro en varios quilómetros á redonda. Convencíame todo: a música, a letra, o concepto, que unha protagonista se chamase Victoria, a interpretación do Scenes From New York, a versión completa do disco que fixeron Pipo & Elo etc. Inda queda rastro desa obsesión nunha coñecida páxina que calquera pode editar, pero iso xa é tema para outro día, que hoxe prefiro darlle outra escoita.