<<
Macabre - Dahmer
Moita xente soubo de Jeffrey Dahmer a través dos múltiples libros, películas e documentais, mais eu aprendín case todo o que sei deste macabro disco conceptual. Nel cóntanse varios eventos da vida do asasino, cada cal peor, pero logo está o de Konerak que me enerva totalmente. Dahmer, e os tres policías cómplices, son das persoas máis viles da historia.