<<

The Nightwatchman - Union Town

Este é un proxecto de Tom Morello con letras a favor das unións de traballadores. Mestura algúns dos seus icónicos punteados de guitarra eléctrica con versións de cancións tradicionais, moitas das cales coñecinas precisamente grazas a este disco. O resultado é unha americanada con miras internacionais, pero non por iso resulta menos inspirador.