<<
Immortal Technique - Revolutionary, Vol. 1
Tiña bos recordos deste disco, pero nunha nova escoita despois de varios anos pasei algo de vergoña. Por cada Dance With The Devil hai un No Me Importa con toques machistas. The Poverty Of Philosophy, unha das miñas antigas favoritas, ten un contrapunto antivegano no Beef & Broccoli, inda que a liña de “looking like the only hip-hop motherfuckers on Schindler’s List” segue a ser tan escura como graciosa. A produción varía moito dunha canción a outra, pero o ritmo de Felipe mantense durante a case unha hora de álbum. Luces e sombras, como calquera persoa.