<<

Brian Eno - Ambient 1: Music for Airports

Este álbum funcióname ben tanto como para escoitar activamente, especialmente o primeiro tema, como para poñer de fondo mentres fago algo de forma concienciuda ata que deixo de ser consciente do que está a soar, o cal case é positivo porque os últimos cortes non son tan interesantes. De seguro que hai traballos similares que me poderían evocar sensacións semellantes, pero é un xénero que non coñezo moito.