<<
Cirith Ungol - King of the Dead
A primeira vez que escoitei este disco, xa na década actual, sorprendeume que fora de 1984. Semellaba demasiado vello e moderno ao mesmo tempo, encaixando máis nunha desas bandas esquecidas dos setenta ou nunha actual que trae sons de cincuenta anos antes, supoño que máis que nada pola curiosa maneira de cantar. Nunha nova escoita xa non me causa esa sensación de novidade, pero inda gozo escoitando a canción que leva o mesmo título có álbum a todo volume.