Nightwish - Angels Fall First
Moito escoitei metal europeo nos primeiros anos do 2000, e sempre estivo aí a idea de facer o noso propio grupo. Houbo algún ensaio a pequena escala do Beauty and the Beast deste disco, pero nada que chegara a porto. Noutro universo no que eu tivese máis (algún) talento musical e máis (algunha) consistencia para ese tipo de cousas quizais cumpriría o meu soño de ser músico, inda que fora para a actuación de fin de curso do instituto. Non sei como soarían os instrumentos, pero é bastante probable que a voz (non a miña, iso non se soluciona con multiversos) soara coma a de Tuomas neste primeiro disco de Nightwish. Hai cousas mellorables, e que melloraron nos seguintes traballos, pero o cambio máis notable foi que o teclista saira das tarefas vocais e deixar liñas máis axeitadas para Tarja.