<<

Finntroll - Nattfödd

Descubrín Finntroll nun concerto no 2006 co seu flamante e atractivo novo cantante; foi aí cando comecei a interesarme pola súa música, ata entón descoñecida para min. Uns anos máis tarde volvía dunha viaxe, coas miñas greñas e unha bolsa chea de roupa sucia, cando alguén con malas pintas berroume dende a outra beirarrúa e cruzou ameazante os catros carrís de estrada ata poñerse ao meu carón. Preguntoume se levaba unha gaita na bolsa e meteu unha man nun peto, imaxinaba eu que para trocar unha visual do seu coitelo pola miña bolsa. Non había nin deus pola rúa a esas horas da noite cando sacou do peto algo pequeno e cadrado. Era un cedé de Finntroll e contoume que seguramente me gustaría pola miña estética metaleira e a miña suposta gaita.