<<
Nightwish - Oceanborn
Este xa é o Nightwish que coñezo mellor. No segundo disco fixeron máis cousas semellantes a Elvenpath e menos do resto. Os teclados toman o protagonismo dende os primeiros compases e marcan toda a atmósfera, incluíndo bastantes solos. Tamén inclúe a voz de Tapio Wilska de Finntroll e, inda que aquí case narra máis que canta, diría que foi a primeira vez que escoitei voces non limpas no metal. Hoxe en día penso que as partes nas que Tarja non harmoniza con ela mesma son as mellores, porque as outras resultan algo recargadas e falsas.