<<

Helltaker

Tardei bastante dende que instalei este xogo ata que o probei porque pensaba que era un xogo musical e non atopaba o momento axeitado para escoitar sen problema as súas musiquiñas. Cando finalmente así o fixen, resultou non ser máis que un xogo de crebacabezas ao estilo do Sokoban, no que temos todo o tempo do mundo para atopar a ruta ata a meta de cada nivel. Polo camiño teremos que empurrar bloques, destruír inimigos e incluso pisar trampas que nos restarán do número de movementos totais que temos para chegar ata a saída. Iso si, todo aderezado cunha música moi chula que fixo que pagara a pena xogar con son e tranquilidade. Pero a parte inicial son tan só nove niveis, de dificultade crecente, e non era o que eu agardaba. Saturado de tanto crebacabezas logo do Puzzle Chambers, mirei a solución precisamente do noveno nivel e recibín unha calorosa benvida da xefa final, no que o sistema de xogo troca a tempo real para esquivar os seus ataques.

Soño

Desa parte gocei máis, pero non foron máis que uns poucos minutos nunha aventura que xa non chegaba a unha hora. Por sorte, existe outra decena de niveis adicionais, aos que accedín coa axuda da guía, con contido máis complicado. Por desgraza, aí hai máis crebacabezas de adiviñar o camiño óptimo que non me apetecían. Algún resolvín por min mesmo, outros con axuda, porto e o volvín pasar ben cos desafíos de acción, incluíndo a súper xefa final. Ás veces era un pouco frustrante pola súa dificultade, pero os padróns son sempre os mesmos e aTardei bastante dende que instalei este xogo ata que o probei porque pensaba que era un xogo musical e non atopaba o momento axeitado para escoitar sen problema as súas musiquiñas. Cando finalmente así o fixen, resultou non ser máis que un xogo de crebacabezas ao estilo do Sokoban, no que temos todo o tempo do mundo para atopar a ruta ata a meta de cada nivel. Polo camiño teremos que empurrar bloques, destruír inimigos e incluso pisar trampas que nos restarán do número de movementos totais que temos para chegar ata a saída. Iso si, todo aderezado cunha música moi chula que fixo que pagara a pena xogar con son e tranquilidade. Pero a parte inicial son tan só nove niveis, de dificultade crecente, e non era o que eu agardaba. Saturado de tanto crebacabes fases curtas, polo que é cuestión de memorizar e aplicar o aprendido. Eu non son un gran experto niso, pero engadindo algo de improvisación e sorte conseguín a vitoria en non moito tempo.

Festa

Sen dúbida, esa combinación de xéneros tan diferentes fai complicado atopar a xogadora obxectivo. Pero é que, ademais, está todo baseado nun home que quere facer un harem de mulleres-demo. Eu non simpaticei con este aspecto, mais podo recoñecer que está feito con bastante tacto e non dá a grima que agardaba. Con todo, sendo de balde, curto, musical e, aparentemente, non ofensivo, non teño nada malo que dicir del.

Éxito