<<

Nightwish - Dark Passion Play

O disco comeza por The Poet and the Pendulum, na que Holopainen esquécese chamarse Dead Boy para ser, directamente, Tuomas… danme moita preguiza estas cancións! Por sorte continúa coa incantable en directo Bye Bye Beautiful que vai de… uf! Por outra banda, Amaranth é divertida e non teño nada en contra dela, e dá un avance dos toques célticos que virán máis adiante en forma de, por exemplo, The Islander e Last of the Wilds que non me aportan moito. Antes está Master Passion Greed que vai de… uf! Ata a épica final de Meadows of Heaven, que unha tolaría ao límite entre ser das miñas favoritas ou darme vergoña allea, temos unha mestura do son que por aquel entón levaban Within Temptation e The Corrs. O conxunto non me agradou moito, especialmente polas innecesarias críticas a Turunen e familia e polo susto que levei no minuto 1:21 de Sahara, pero é todo bastante esquecible. Non botei de menos as voces líricas, pero é que igual xa estaba un pouco farto delas.