<<
Panopticon - Kentucky
Esta obra mestra é toda unha viaxe polo leste interior dos Estados Unidos de América, combinando música tradicional da zona con black metal. Algo bastante apropiado porque vai das loitas (reais) duns mineiros que se uniron contra unha compañía millonaria que se beneficiaba (beneficia) das pésimas condicións dos seus traballadores para obter máis beneficios. Non é habitual escoitar historias de éxitos sindicais, e moito menos con tanta paixón como amosan tanto o músico coma os testemuños reais que aparecen intercalados. Funciona todo moi ben e, inda que sexa moi ecléctico, non hai nada que semelle fóra de lugar.