<<
Medieval Steel - The Dungeon Tapes
Inda que mestura as cancións orixinais dos anos oitenta con outras de principio deste século, o conxunto non desentoa en ningún momento. Trátase, iso si, dunha amálgama de diferentes temáticas, xa que o mesmo escoitamos a historia dunha rapaza que meten en negocios que non deberían que a historia dun Conan que coa axuda da súa espada intenta saír da súa escravitude. Todo está a borde de non funcionar, especialmente a liña de “Medieval steel cuts you like a knife”, pero apáñase estupendamente para se alzar por riba desas trivialidades e ficar un álbum de culto totalmente recomendable.