<<

Theatre of Tragedy - Aégis

Podo imaxinar que nunha versión europea da cazavampiros Buffy aparecería, nalgún momento, algo de Theatre of Tragedy: a imaxe e o son que levaban nos noventa encaixarían moi ben no Bronze. O comezo con Cassandra é idóneo, introduce o inglés shakespeariano, a continúa voz masculina, unhas pingas da anxelical voz feminina e o tema dunha muller castigada por non se deixar tocar por un deus. É a miña favorita, pero no resto de cancións tamén hai beleza, mulleres mitolóxicas e temática atractiva, sempre e cando teñas diante os versos escritos. E idealmente traducidos, porque liñas como “‘Or was he an éri’d being / ‘Or was he weening - alack nay mo” poden ser algo complicadas sen preparación.