<<

Cannabis Corpse - Tube of the Resinated

Unha banda que fai parodia de Cannibal Corpse (dos que non coñezo moito) falando de porros (dos que non coñezo moito) non semella algo axeitado para min, pero resulta que a calidade musical deste disco está polos ceos. Obviamente non entendo nin papa a non ser que lea as letras, pero é un caso no que a musicalidade está por riba de todo iso e atopar grazas nos versos é so un plus máis á experiencia. Non sei canto é apoloxía dos fumetas e canto parodia, porque seica hai xente que basea a súa personalidade na marihuana e ben pode ser este un exemplo máis. Pero quen son eu para meterme cos velenos da xente cando inxiro máis azucre da que debería e non me chega o talento nin á cabicha de Cannabis Corpse.