<<
Septic Flesh - Communion
Encántame a fotografía da portada porque semella tomada de algo antigo, escuro e maligno; en realidade é algo contemporáneo dunha marabillosa artista, pero inda así non me gustaría toparme con esa escultura de noite dentro da miña casa. O son do álbum tamén é escuro e maligno, por partes, pero noutras hai unha luz e positividade que contrasta estupendamente. É capaz de combinar ambas partes para fabricar cancións ás que nos podemos unir cantando, xa sexan cos poderosos berros guturais do baixista ou cos gritos claros do guitarrista. A produción levadas a ceos épicos coa axuda das orquestras non desmerece en nada as composicións das letras que nos levarán de paseo por diversas mitoloxías. Honestamente, non hai ningún punto no que fraquee.