<<

Joaquín Sabina - Malas compañías

En casa sempre fomos moi de Sabina, sendo o meu artista favorito dende moi novo ata que descubrín música máis cañeira. Sempre que podía, pedía como agasallo un dos seus discos para a miña colección. Non me faltaban moitos cando chegou este Malas compañías, que comeza forte con Calle Melancolía e ten unha Pongamos que hablo de Madrid por aí. Pero para min, logo de escoitalo tanto no seu día, todas son icónicas. A que máis lembro é Mi Amigo Satán, porque sempre me producía mal corpo iso de que aparecera Lucifer cando un estaba tan tranquilo tentando durmir. Hoxe, máis fan de Fausto, aprecio mellor o que nos quere contar e atopo máis escura Manual para héroes o canallas, ou Bruja con todo ese machismo implícito.