<<
Osaka Punch - Voodoo Love Machine
Se existira unha crema que, ao aplicala, ficases coa mesma cara que o resto do mundo, sería racista non empregala? Esta é unha das cuestións filosóficas que presenta este álbum de Osaka Punch, mesturando humor, funk e toques de metal. Todo o disco é unha tolaría divertida, inda que debo confesar que nunca prestei unha atención profunda ás letras máis aló de Actibreeze e levei sorpresa ao escoitar mencións á cocaína xa dende o comezo. Nada que non puidese saír nun traballo dunha banda máis grande, como System of a Down, aquí tamén con unha produción impecable que non desmerece ningún dos xéneros musicais que toca.