Megadeth - Rust in Peace
Lembro baixar á praia coa miña PSP na mochila e os auriculares conectados; a miúdo levaba este disco de Megadeth a un volume razoable para escoitar o tráfico e non me quedar xordo. Pero razoable e Dave Mustaine rara vez van da man, porque este Rust in Peace quere ser escoitado a un volume brutal, que dirían os de Barón Rojo. E ademais de forma frenética, correndo no lugar de paseando. Non son amigo do “crossfade”, pero aquí hai que reducir ao máximo o silencio entre unha canción e a súa seguinte (algo curiosamente máis complicado canto máis avanza a tecnoloxía). Dese xeito non teremos acougo ata o décimo segundo de Five Magics (o cal me recorda que inda teño pendente o libro de Lyndon Hardy, inda que non ten moi boa pinta). Cando menos nos decatemos, o disco xa pasou Dawn Patrol e estaremos nos últimos berros de Rust in Peace… Polaris. Listo para unha nova escoita, da capo al fine.