The Last Internationale - We Will Reign
O nome da banda xa me ten medio gañado, pero cando comeza Life, Liberty, and the Pursuit of Indian Blood xa estou dentro ata o fin. A mestura de crítica social, máis toques de amor e optimismo, é moi característico. Cando penso nas súas cancións véñenme á mente as máis roqueiras, como Killing Fields ou a xenial 1968, pero tamén hai bastante soul e blues por aí mesturado. Algunhas como Devil’s Dust inclúen unha triste historia de traballo nas minas, pero outras teñen menos substancia e aguantan simplemente pola voz de Delila Paz. Coido que hoxe en día renegan un pouco deste traballo por todas as mans alleas que entraron aí pero, a falta de escoitar de novo o resto con calma, segue a ser o meu favorito. Unha pasada tamén cando os vin en directo nun escenario de dez metros cadrados.