<<
Cavalera Conspiracy - Inflikted
Non era o maior fan de Sepultura cando puxen este disco no reprodutor, e nada de Soulfly, pero xa dende os primeiros compases deixeime contaxiar por toda esa enerxía dos Cavalera. Brinquei polo corredor da miña casa, axitei as miñas greñas e toquei unha guitarra e unha batería invisible tentando adiviñar por onde ía continuar cada canción. Ou cada agresión, porque é un bater consistente a través dos um-dois-três-quatro…onze cortes. As letras sinxelas de entender e de berrar axudan a que a experiencia sexa directa.