Astarot - O sentir dunha terra
Imaxino unha fila de dominós. O primeiro leva escrito “Manuel Alegre compón Meu amor é marinheiro”; o último son eu escribindo estas páxinas. Polo camiño tamén estarían Fuxan os ventos, pero a peza máis grande sería a de Astarot con este disco de cancións galegas metalizadas, que fixeron máis por aprenderme a cultura galega que anos de estudo dos séculos escuros. É certo que navega nuns mares complicados, que a versión d’A Rianxeira leva uns acompañamentos máis propios de Gigatron, ou que ten unha portada terrible que só se salva porque a cor azul dálle certo carácter. Pero a cambio tiven esa porta de entrada a historias como a de María Soliña durante a miña adolescencia ou para pechar distancias interxeracionais cantando Unha noite na eira do trigo xunto a unha señora de oitenta anos cando xa me aproximaba eu aos corenta.