<<

Daft Punk - Alive 2007

Este álbum foi o meu primeiro encontro co dúo francés, e o que marcou toda a miña experiencia con eles. Trátase dun directo no que mesturan os seus propios temas para facer novas composicións. Deste xeito, por exemplo, Around the World soa xunto Harder, Better, Faster, Stronger para dar lugar a unha orxía de sons electrónicos. A idea sempre me pareceu xenial, especialmente porque non coñecía nada similar, e o resultado é óptimo. Xa que descubrín deste xeito os seus grandes temas ata entón, fixo que saiba valorar tan ben os seus traballos anteriores, porque semellan en comparación baleiros e repetitivos. Tiven que agardar ata a publicación do Random Access Memories para gozar con algo seu sacado directamente do estudio.