<<
46 hours before the goblin king's wedding
Este é un xogo de rol en solitario, feito con tan só 48 palabras pero acompañado dunhas imaxes curriñas. Deixo aquí como quedou a folla ao final da partida e, a continuación, os pasos que fun tomando.
@ Comezo
[Voda|+aperitivos]
-> [Reloxo: 2/48]
=> Xa temos algo de comer! Polo menos uns aperitivos.
@ Coller xabaril
d: 1d6=6
-> [Reloxo: 8/48]
-> [Voda|+xabaril]
=> Que fato de inútiles teño! 6 horas para cazar un par de xabarís con xeito. Vouno poñer dentro do cubo xelatinoso conxelado para que non se poña malo para mañá. A ver se chegan para todos.
@ Arrestar tunantes
d: 1d6=1
-> [Reloxo: 9/48]
-> [Voda|-tunantes]
=> Aquí ninguén que non estea convidado vai papar de gratis! Nin beber!
@ Asegurar auga
d: 1d6=3
-> [Reloxo: 12/48]
-> [Voda|+auga]
=> Non quero ver a ninguén bébedo na miña voda! Xa mandei desviar o río para que non nos falte de beber.
@ Roubar torta
d: 1d6=2
-> [Reloxo: 14/48]
-> [Voda|+torta]
=> Que sorte que xusto se casase unha princesa kobold esta semana! Fan unhas tortas en forma de dragón deliciosas e non as protexen moi ben. Outra cousa máis para o cubo xelatinoso conxelado.
@ Ler libro
d: 1d6=2
-> [Reloxo: 16/48]
=> Sempre gusto de ler o libro este do *Labirinto*, inda que remate mal. Síntome moi identificado con Jareth.
@ Preparar traxe
d: 1d6=2
-> [Reloxo: 18/48]
-> [Voda|+traxe]
=> Un traxe como o de Jareth, feito nun tempo récord por unha araña convocada polo mago do reino. Unha marabilla!
@ Preparar peiteado
d: 1d6=5
-> [Reloxo: 23/48]
-> [Voda|+peiteado]
=> E un peiteado tamén coma o de Jareth! Agora o complicado vai ser o mantemento.
@ Limpar o templo
d: 1d6=5
-> [Reloxo: 28/48]
-> [Voda|+limpeza]
=> Non quero ver voaxa por ningures! Non vaia ser que me desluzan o cabelo.
@ Tomar café
d: 1d6=5
-> [Reloxo: 33/48]
=> Preciso moito café para me manter esperto. Se durmo voume despeitear!
@ Botar a dragoa do templo
d: 1d6=5
-> [Reloxo: 38/48]
-> [Voda|-dragoa]
=> Teño tanta enerxía que vou botar dunha vez a becha do templo, algo que ningún da última ducia de reis tivo valor de facer nos oito anos dende o inicio do reino.
@ Mellorar ánimo
d: 1d6=6
-> [Voda|+ánimo]
-> [Reloxo: 44/48]
=> Fóiseme das mans a sesta! Pero todo listo para o gran evento! Todo?
@ Procurar parella
d: 1d6=6
-> [Reloxo: 50/48]
=> Cona que me botou! Non me conseguiron unha parella a tempo! Pois nada, farei a celebración pola miña conta. Ben vestidiño e peiteado para que me vexan todos os convidados... Pode que tamén esquecera mandar as invitacións...
