<<

Varios artistas - Tributo a Rage Against the Machine... En Español

Semella que se xuntaron varios grupos da zona de California e gravaron este disco tributo a Rage Against the Machine… en español. A calidade, tanto da música coma das traducións, é bastante variable, resultando máis nunha curiosidade ca nun álbum de escoitar acotío. Máis aló dalgunha proeza musical, destacan os intentos de darlle outro tipo de son en cancións coma People of the Sun e Take the Power Back, pero o que sempre me anda na cabeza son as liñas de Killing in the Name que din cousas como “algunos que trabajan fuerzas / son los mismos que infernan cruces” e “los que murieron / se justifican / llevando placa / tu elegido blanco”. Son moi poéticas.